sábado, 24 de octubre de 2009

20 Essential Infographics & Data Visualization Blogs


Inspired magazine é unha coñecida revista de infografía, deseño gráfico e ilsutración cuxa web, ademáis de diferentes noticias, adícase sobre todo a colgar TopTens. Listas e listas "do mellorciño en..."

Non ten desperdicio!

Mas extraño que la ficción


trailer

E.C.

Realidade e ficción fúndense neste extraño pero entretido filme. Mentres unha busca a morte perfecta do seu protagonista, o outro só vive unha vida matematicamente calculada.

E é neste último caso onde os infográficos aparecen de xeito masivo, facendo que unha acción cotiá e aburrida resulte atractiva na pantalla e potenciando, deste xeito, o que se nos pretende transmitir con ela. Pero estes infográficos desaparecen cando a vida de Harold Crick, xa non pende dunha estructura fixa.


comezo

L.B.T.

Dende logo o filme non pasará á historia como unha obra mestra do celuloide. A película faise amena por momentos pero coido que o realmente salientable, novidoso e orixinal é a labor infográfica desenvolvida nos prolegómenos da acción principal onde se nos informa dun xeito moi ilustrativo da rutinaria vida que leva o personaxe do xa de por si aburrido Hill Ferrel (non é de estrañar que interprete a un arquicansino inspector de facenda).

Pero obviamente por moi boa que sexa a infografía durante os dez primeiros minutos non abonda para manter a atención do espectador durante os 103 minutos restantes. Aquí e onde entra en xogo a publicidade.

Estamos fartos de ver como as grandes marcas de todo o mundo copan os polémicos espazos publicitarios a base de; ben anuncios extremadamente cutres que buscan aborrecer ó espectador facendo imposible a ardua tarefa de esquecer a firma anunciante (véxase o erizo dos seguros, ou o triste intento de “línea directa” de tratar de parecerse ós humoristas cataláns do Tricicle); ou ben alarmantes ideas plaxiadas da nova mina dos publicistas: youtube. (Se en algo é experta Telefónica, máis incluso que en quentar os ánimos dos seus usuarios, é en apropiarse de ideas alleas atopadas en Internet para poñerlles unha banda sonora pésima a base de megas, dúos e demais xerga).

A infografía que aparece tamén na devandita película é un auténtico filón para os publicistas máis avispados e estamos cansos de ver anuncios creados a base de este tipo de técnicas que, se cadra, non son capaces de soster dúas horas de película pero si sinxelamente dous minutos de spot publicitario. Visualmente estes efectos resultan moi atractivos e aportan un aire futurista á cuestión ó máis puro estilo “minority report”.



créditos finais
C.S.V
Se por algo chama a atención esta película é pois polo uso da infografía para amenizar as distintas partes e acentuar a personalidade do varón protagonista. E como este blog centráse na infografía será de eso do que falarei a partires de agora.
No comezo, o uso máis que acertado da infografía axúdanos a meternos na cabeza do protagonista. Un home cuadriculado, maniático e meticuloso. Facetas que se ven acentuadas grazas o uso dos gráficos pouco habituais nos filmes actuais.
Os numeros pasan rapidamente pola pantalla a medida que el conta cantas veces cepillou os dentes. 38. Cando pon a gravata. Un só nudo. E aforra 43 segundos. E asi se van sucedendo as cifras, os gráficos e as imaxes na pantalla.
Derroches infográficos que nos meten de cheo na mente do protagonista e nos recordan situacións similares, porque quen de pequeno non xogou a non pisar as unións entre as baldosas?
Quen nunca contou os chanzos da súa casa?
Mais a medida que avanza a trama o protagonista vai esquecendo as súas manías e a presenza de elementos infográficos e cada vez menor. É so ao final cando de novo a infografía volve a aparecer logrando un resultado espectacular.
Un filme que destaca polo que o uso infográfico se refire. Criticar a parte estrictamente cinematográfica sería outro post. E polo de hoxe xa é suficiente.

Debuxos dun xamón


Construir un infográfico a partires dunha noticia sobre un concurso de cortadores de xamón non parece a primeira vista doado. Mais se é a túa primeira clase dunha materia descoñecida como é a infografía. Como o constrúo?Que destaco?Como o titulo?...
Son moitas as dúbidas que podes ter ao principio. Todos, ou case todos, debimos chegar as mesmas conclusións ou quizáis é que todos ou case todos tiñamos demasiadas ideas preconcebidas sobre a infografía, porque a clase enteira, salvo contadas excepcións, elaborou o mesmo gráfico.

Comezamos...




Este é un blog sobre infografía. Pouco a pouco iremos comentando as actividades levadas a cabo na aula e as dúbidas que nos vaian xurdindo. Tamén iremos colgando noticias relacionadas cos temas a tratar nas clases e o mundo da infografía.

Que é infografía?

Esta é a definicón de Wikipedia:
"A infografía é unha representación máis visual que a propia dos textos, na que interveñen descricións, narracións ou interpretacións, presentadas de maneira gráfica normalmente figurativa, que poden ou non coincidir con grafismos abstractos e/ou sons. A infografía naceu como un medio de transmitir información gráficamente. Os mapas, gráficos, viñetas, etc. son infogramas, é dicir unidades menores da infografía, coa que se presenta unha información completa aínda que poida ser complementaria ou de sintesis.O termo tamén se popularizou para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por computador. "
O profesor José Luis Valero Sancho da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidad Autónoma de Barcelona da a súa propia descrición da infografía de prensa neste artigo.

Cinco claves para entender a infografía como xénero xornalístico:
Sergio M. Mahugo:
1) A infografía xornalística é xornalismo
2) Utiliza linguaxe xornalística [claridade, concisión e brevidade]
3) A imaxe é absolutamente necesaria para compor a noticia
4) Utiliza textos sumariais para completar a información ofrecida pola imaxe
5) Está sempre encabezada por un titular porque a infografía debe contar unha noticia por si mesma, sen necesidade de recorrer ao texto do resto da páxina para comprendela.