sábado, 24 de octubre de 2009

Mas extraño que la ficción


trailer

E.C.

Realidade e ficción fúndense neste extraño pero entretido filme. Mentres unha busca a morte perfecta do seu protagonista, o outro só vive unha vida matematicamente calculada.

E é neste último caso onde os infográficos aparecen de xeito masivo, facendo que unha acción cotiá e aburrida resulte atractiva na pantalla e potenciando, deste xeito, o que se nos pretende transmitir con ela. Pero estes infográficos desaparecen cando a vida de Harold Crick, xa non pende dunha estructura fixa.


comezo

L.B.T.

Dende logo o filme non pasará á historia como unha obra mestra do celuloide. A película faise amena por momentos pero coido que o realmente salientable, novidoso e orixinal é a labor infográfica desenvolvida nos prolegómenos da acción principal onde se nos informa dun xeito moi ilustrativo da rutinaria vida que leva o personaxe do xa de por si aburrido Hill Ferrel (non é de estrañar que interprete a un arquicansino inspector de facenda).

Pero obviamente por moi boa que sexa a infografía durante os dez primeiros minutos non abonda para manter a atención do espectador durante os 103 minutos restantes. Aquí e onde entra en xogo a publicidade.

Estamos fartos de ver como as grandes marcas de todo o mundo copan os polémicos espazos publicitarios a base de; ben anuncios extremadamente cutres que buscan aborrecer ó espectador facendo imposible a ardua tarefa de esquecer a firma anunciante (véxase o erizo dos seguros, ou o triste intento de “línea directa” de tratar de parecerse ós humoristas cataláns do Tricicle); ou ben alarmantes ideas plaxiadas da nova mina dos publicistas: youtube. (Se en algo é experta Telefónica, máis incluso que en quentar os ánimos dos seus usuarios, é en apropiarse de ideas alleas atopadas en Internet para poñerlles unha banda sonora pésima a base de megas, dúos e demais xerga).

A infografía que aparece tamén na devandita película é un auténtico filón para os publicistas máis avispados e estamos cansos de ver anuncios creados a base de este tipo de técnicas que, se cadra, non son capaces de soster dúas horas de película pero si sinxelamente dous minutos de spot publicitario. Visualmente estes efectos resultan moi atractivos e aportan un aire futurista á cuestión ó máis puro estilo “minority report”.



créditos finais
C.S.V
Se por algo chama a atención esta película é pois polo uso da infografía para amenizar as distintas partes e acentuar a personalidade do varón protagonista. E como este blog centráse na infografía será de eso do que falarei a partires de agora.
No comezo, o uso máis que acertado da infografía axúdanos a meternos na cabeza do protagonista. Un home cuadriculado, maniático e meticuloso. Facetas que se ven acentuadas grazas o uso dos gráficos pouco habituais nos filmes actuais.
Os numeros pasan rapidamente pola pantalla a medida que el conta cantas veces cepillou os dentes. 38. Cando pon a gravata. Un só nudo. E aforra 43 segundos. E asi se van sucedendo as cifras, os gráficos e as imaxes na pantalla.
Derroches infográficos que nos meten de cheo na mente do protagonista e nos recordan situacións similares, porque quen de pequeno non xogou a non pisar as unións entre as baldosas?
Quen nunca contou os chanzos da súa casa?
Mais a medida que avanza a trama o protagonista vai esquecendo as súas manías e a presenza de elementos infográficos e cada vez menor. É so ao final cando de novo a infografía volve a aparecer logrando un resultado espectacular.
Un filme que destaca polo que o uso infográfico se refire. Criticar a parte estrictamente cinematográfica sería outro post. E polo de hoxe xa é suficiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario