viernes, 29 de enero de 2010

ATA LOGO INFOGRAFÍA

Esta asignatura pareceume bastante interesante tendo en conta o pouco coñecemento que tiña do tema antes de cursala. Nunca me fixaba demasiado nos infográficos dos medios, pero agora a cousa cambiou bastante, prestolle máis atención. Por iso considero que a función principal da asignatura de achegarnos ó mundo da infografía cumpriuse.

Aínda así, a materia podería estar plantexada de maneira que aprenderamos a empregar mellor programas como o Flash, xa que da súa utilización dependeu a realización dunha parte dos traballos finais esixidos. Está claro que en tan pouco tempo non se pode esperar aprender cousas con tanto nivel de complexidade, pero si se podería optar por outros métodos. É neste punto no que penso que máis se fallou.

No referente á realización dos traballos, supuxo máis tempo e dedicación do que esperaba. Ó principio téñense moitas ideas diferentes pero ó querer aplicalas e lograr conseguilas cos programas informáticos os esforzos en ocasións eran truncados por problemas inesperados, fallos que non sabía solucionar, e iso fai que a veces nos acabemos olvidando de incluír elementos tan cruciais como as fontes. Pero de todos xeitos foi bo ver ata que punto a infografía é unha área pouco coñecida e ás veces tan pouco valorada ca que se poden facer grandes cousas.


Reyes Riveiro

martes, 26 de enero de 2010

Avaliación e opinión persoal da asignatura:




Como puntos positivos destacaría o feito de que a infografía e a gran descoñecida entre os xornalistas e a asignatura ben serve para este primeiro encontro.
Esta ben para facernos unha idea xeral.

Como puntos negativos destacar que o curso de Flash dende a miña opinión non cumpriu cos seus obxectivos. Non quero menosprezar a paciencia de Fran e a súa bondade, mais e certo, que en tan pouco tempo e con tantos alumnos en cada clase foi imposible aprender algo. Ademais o feito de facer un motor de piston non me pareceu util. Empezar con cousas básicas, ou ir cada un facendo o seu propio infografico houbera sido mais util. Ademais considero que se parou en detalles sen importancia como ensinarnos a programacion dun array e non a facer un boton por nos mesmos. De todos modos agradezo a súa paciencia.

De todos modos, resultou ser unha asignatura interesante.


Clara Sánchez

miércoles, 20 de enero de 2010

TRABALLO SOBRE O CÓMIC GALEGO

Este é o enlace para poder acceder ao PDF da primeira parte do noso traballo. Como pesaba demasiado colgámolo en tres partes.
Este é o segundo enlace.
Este é o terceiro.
Perdoade as molestias.

E nestoutro enlace podedes ver o apaixoante Powerpoint!!

lunes, 18 de enero de 2010

Preguntas sobre infográficos

1. Actualización: informaciónou desinformación? dende o meu punto de vista, a actualización que os diferentes xornais poidan facer dos infográficos sempre vai ser un punto positivo. Marcando e deixando clara a contextualización na que se producen os feitos, os aportes que se poidan dar pol paso do tempo (corrección de datos, ampiación de información, etc) enriquecen o infográfico.

2. Sensacionalismo da infografía: hoxe en día todos os medios de comunicación prestan demasiada atención á parte máis sensacionalista dos acontecementos. Para min non é atractivo este tipo de xornalismo, e creo que non existe xustificación que valga neste senso. Inda así, hai algunhas informacións tendentes ó sensacionalismo que se poden chegar a pasar pero outras, como a vida das persoas falecidas no 11-S, non teñen ningún sentido e quedan totalmente fora do contexto informativo ó que se deberían cinguir os medios.

3. Cal é a función dos infográficos nestes atentados? Tiña realmente unha función informativa? A principal función que neste tipo de circunstancias debería ter un infográfico é a de facilitar a comprensión que nestes atentados sucedeu. Por iso, si nos centramos naqueles que tiñan un carácter estrictamente informativo si son necesarios, sobre todo nos casos como o do 11-M, onde non se puido ver o que sucedeu. Inda así, na exposición quedou claro que a meirande parte dos infográficos realizados sobraban e só se realizaban por cumprir coa abriga de emitir algo todos os días cando se trata dun feito desta magnitude.

4. Son necesarios todos os infográficos que se utilizaron? Como dixen arriba, cando sucede un feito como o 11-M ou o 11-S, parece que os medios teñen a obriga de emitir todos os días durante semanas algo relacionado co feito, inda que a información se agote ou xa non haxa nada de relevancia que contar. Isto provoca que moitos dos infográficos que vimos na exposición resultasen innecesarios na súa labor informativa.

5. En que atentado foi máis útil a introducción de infográficos na prensa? Dende o meu punto de vista, en ambos casos eran necesarios, pero se me teño que decantar por un, eu diría que o 11-M. Neste ocasión, non había imaxes do que sucedera polo que unha explicación de cómo se desenrolou este atentado axuda notoriamente á súa comprensión.


Eugenia Castro Barros

miércoles, 13 de enero de 2010

Infográfico de Público. INFO2009

Chega un novo ano e como sempre os xornalistas fan reconto do sucedido o ano anterior. Listas e listas dos mellores discos, as mellores películas ou as mellores fotos. As novas máis impactantes ou os acontecementos máis importantes. Esta vez toca saber cal é o tema do que máis se falou na versión impresa do diario Público, que nun infográfico quixo recoller cal era a nova que máis centímetros cadrados acaparara no xornal. Para iso deseñaron un infográfico que se ben non chama a atención pola súa información, si polo seu tamaño.
Público é un xornal que se caracteriza polo seu deseño moderno e coidado. É habitual ver entre as súas páxinas infográficos atraentes e visuais, que xogan coa cor e as imaxes. Todo o diario, en liñas xerais, pretende ter unha estética atractiva poñéndolle especial atención ao deseño.
O infográfico a analizar é un infográfico a dúas páxinas que pretende mostrar dunha maneira rápida e visual cal é a sección e o tema que máis páxinas ocupou dentro do diario. Para realizalo os responsables de cada sección do diario seleccionaron os cinco temas de maior relevancia do ano da súa sección. Posteriormente contabilizaron o número de superficie dedicada a cada tema, que é mostrado nunha especie de liña temporal. Dividida en meses podemos observar nela, que tema é o que máis superficie ocupou e en que momento do ano. Nas marxes móstrasenos o tema e o reconto total de superficie acumulada por cada nova en cm².
O contido do infográfico é descritivo, xa que nos informa sobre a cantidade de centímetros cúbicos acumulados por cada noticia ao longo do ano.
É un infográfico independente, xa que é en si mesmo a noticia. Ten unha función informativa, pero semella máis ben que o infográfico ten unha prioridade estética máis que informativa, xa que os datos son secundiarios fronte o deseño e o tamaño. Obriga ao usuario a facer un esforzo visual para poder entender o que o gráfico nos quere dicir xa que temos que deternos en cada aspecto do infográfico para poder comprendelo por completo, e os resultados non son en absoluto claros. As cifras situadas á dereita son demasiado pequenas, e son elas quen nos amosan realmente a cantidade exacta e final adicada a cada tema, e polo tanto, a nova que máis páxinas acaparou do diario.
Semella nunha primeira ollada ao infográfico que existe demasiada información para un espazo que non é en absoluto reducido, xa que duplica o espazo que soen ter os infográficos a maior parte das veces.
Non é nin exacto, nin facilmente comprensible, nin efectivo. Si, impactante, innovador e conciso, pero esas, dende a miña opinión, non deberían ser as únicas propiedades dun infográfico. Un deseño visualmente atraente é importante. Pero se non logra transmitir a información de xeito eficaz entón o infográfico será un fracaso.
O uso dá tipografía, por outra banda si que me parece máis acertado. A letra empregada é clara e limpa, de fácil lectura.
A estrutura é eficaz xa que separa de xeito claro as diferentes seccións sen dar lugar a ningún tipo de dúbidas. O erro vén quizais non emprego da curva que reflicte o espazo ocupado por cada sección, que moitas veces sobreponse á curva superior. Esta mistura de ambas curvas dá lugar a confusión e obriga ao lector a facer un esforzo demasiado grande ao ter que deterse para saber que curva corresponde a que acontecemento.
Atopei a version multimedia deste infográfico. Moito máis clara, precisa e eficaz que a súa versión impresa. Este é o enlace

Clara Sánchez

lunes, 4 de enero de 2010

INFOGRAFÍA ARTÍSTICA

A infografía coñecémola como unha maneira diferente de aportarnos información mediante imaxes, gráficos ou formas diversas que nos fan comprender dun xeito máis esquemático a realidade. Unha maneira sintética de transmitir información máis ligada ó aporte de datos que á proliferación de puntos de vista.

Pero a través da infografía tamén se poden chegar a crear verdadeiras obras de arte. Un arte que nos transmite de igual xeito aquilo que o infógrafo se plantexe. Este é un bo exemplo, onde se nos plasma dun xeito exquisito a vida de Magdalena Carmen Frida Kahlo y Calderón. E como ben dixo a súa autora, Lizzeth Huerta Priego, "¿quen di que a infografía no pode ser artística?"


domingo, 3 de enero de 2010

PRODUTOS CON DENOMINACIÓN DE ORIXE






FONTES: Ministerio de Medio Ambiente e Medio rural e Mariño

Reyes Riveiro