viernes, 29 de enero de 2010

ATA LOGO INFOGRAFÍA

Esta asignatura pareceume bastante interesante tendo en conta o pouco coñecemento que tiña do tema antes de cursala. Nunca me fixaba demasiado nos infográficos dos medios, pero agora a cousa cambiou bastante, prestolle máis atención. Por iso considero que a función principal da asignatura de achegarnos ó mundo da infografía cumpriuse.

Aínda así, a materia podería estar plantexada de maneira que aprenderamos a empregar mellor programas como o Flash, xa que da súa utilización dependeu a realización dunha parte dos traballos finais esixidos. Está claro que en tan pouco tempo non se pode esperar aprender cousas con tanto nivel de complexidade, pero si se podería optar por outros métodos. É neste punto no que penso que máis se fallou.

No referente á realización dos traballos, supuxo máis tempo e dedicación do que esperaba. Ó principio téñense moitas ideas diferentes pero ó querer aplicalas e lograr conseguilas cos programas informáticos os esforzos en ocasións eran truncados por problemas inesperados, fallos que non sabía solucionar, e iso fai que a veces nos acabemos olvidando de incluír elementos tan cruciais como as fontes. Pero de todos xeitos foi bo ver ata que punto a infografía é unha área pouco coñecida e ás veces tan pouco valorada ca que se poden facer grandes cousas.


Reyes Riveiro

7 comentarios:

  1. Penso que todos coincidimos na falta de tempo e na inxustiza que supuxo o feito de que nos esixiran por encima das nosas capacidades, sobre todo das capacidades adquiridas no transcurso da asignatura.

    Elena =)

    ResponderEliminar
  2. Non sei exactamente a que capacidades se refire: a construir unha información, a mencionar a fonte, a poñer un título a unha información, a establecer unha xerarquía informativa.
    As capacidades cós programas ¿?.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Notas
    Clara, 7
    Eugenia, 7
    Reyes, 6,5
    Lois, 5
    Notas provisionais (bocetos, blogs, infografías estáticas e animadas, exposicións teóricas)
    Revisión: mércores 3 de febreiro, de 10:30 a 14:00. Despacho 1.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Tra-la lectura das súas valoracións (21), o resumo, e sempe desde a miña lectura, quedaría en:
    - queixas sobre o apartado programas, 15
    - apoio ás súas exposicións e ós blogs, 10, respectivamente
    - máis teoría, 8
    - Rexeito do exame, 6
    - Ben charla con Xaquín, 5
    - Moito traballo, 3
    - En xeral, un grande descontento
    - Propostas: necesidade de teoría, orientación á infografía interactiva, búsqueda dunha pedagoxía axeitada ó ensino da informática, máis traballo centrado na realización de infográficos, reducción de programas informáticos.
    Moitas grazas polo seu esforzo e moitas grazas polas súas opinións.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. Entre as queixas contra o exame, hai algunhas que aluden á inxustiza que supón estudiar cousas que non se explicaron. Polo que, en aras de resolver ese problema e como hai u número relevante de persoas que apoiaron as exposicións, entón o exame estará centrado únicamente sobre os contidos elaborados por vostedes e os debates.
    Moitas grazas
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. o exame do día 11 consistirá en 10 preguntas curtas sobre a documentación que lles entreguei.
    marotlo

    ResponderEliminar
  7. Bó, o exame é o día 12, como vostedes ben saben
    marotlo

    ResponderEliminar