lunes, 18 de enero de 2010

Preguntas sobre infográficos

1. Actualización: informaciónou desinformación? dende o meu punto de vista, a actualización que os diferentes xornais poidan facer dos infográficos sempre vai ser un punto positivo. Marcando e deixando clara a contextualización na que se producen os feitos, os aportes que se poidan dar pol paso do tempo (corrección de datos, ampiación de información, etc) enriquecen o infográfico.

2. Sensacionalismo da infografía: hoxe en día todos os medios de comunicación prestan demasiada atención á parte máis sensacionalista dos acontecementos. Para min non é atractivo este tipo de xornalismo, e creo que non existe xustificación que valga neste senso. Inda así, hai algunhas informacións tendentes ó sensacionalismo que se poden chegar a pasar pero outras, como a vida das persoas falecidas no 11-S, non teñen ningún sentido e quedan totalmente fora do contexto informativo ó que se deberían cinguir os medios.

3. Cal é a función dos infográficos nestes atentados? Tiña realmente unha función informativa? A principal función que neste tipo de circunstancias debería ter un infográfico é a de facilitar a comprensión que nestes atentados sucedeu. Por iso, si nos centramos naqueles que tiñan un carácter estrictamente informativo si son necesarios, sobre todo nos casos como o do 11-M, onde non se puido ver o que sucedeu. Inda así, na exposición quedou claro que a meirande parte dos infográficos realizados sobraban e só se realizaban por cumprir coa abriga de emitir algo todos os días cando se trata dun feito desta magnitude.

4. Son necesarios todos os infográficos que se utilizaron? Como dixen arriba, cando sucede un feito como o 11-M ou o 11-S, parece que os medios teñen a obriga de emitir todos os días durante semanas algo relacionado co feito, inda que a información se agote ou xa non haxa nada de relevancia que contar. Isto provoca que moitos dos infográficos que vimos na exposición resultasen innecesarios na súa labor informativa.

5. En que atentado foi máis útil a introducción de infográficos na prensa? Dende o meu punto de vista, en ambos casos eran necesarios, pero se me teño que decantar por un, eu diría que o 11-M. Neste ocasión, non había imaxes do que sucedera polo que unha explicación de cómo se desenrolou este atentado axuda notoriamente á súa comprensión.


Eugenia Castro Barros

2 comentarios:

  1. "Igual que cando comezas a escribir unha historia tes que saber o que vas contar, cando fas un gráfico tes que saber qué é o que contas, elixir logo a visualización, e engadir os elementos textuais que dean contexto. O adorno, si se precisa, para o final. Creo que é en xeral o que lles falta, o núcleo do gráfico, a idea central, o eixo.."
    Xaquín G.
    Aquí queda esta idea de Xaquín. e lembremos que o xoves as 12:00 remata o prazo de entrega das tareas pendientes para todos e todas.
    moitos éxitos
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Antes de difundir o traballo, revisade tamén o tema que está na documentación entregada sobre o cómic. Son ideas básicas e no está especialmente actualizado, pero pode servir para precisar alguhas ideas que se manexaron na exposición e que ó mellor no están moi claras.
    marotlo

    ResponderEliminar