martes, 26 de enero de 2010

Avaliación e opinión persoal da asignatura:




Como puntos positivos destacaría o feito de que a infografía e a gran descoñecida entre os xornalistas e a asignatura ben serve para este primeiro encontro.
Esta ben para facernos unha idea xeral.

Como puntos negativos destacar que o curso de Flash dende a miña opinión non cumpriu cos seus obxectivos. Non quero menosprezar a paciencia de Fran e a súa bondade, mais e certo, que en tan pouco tempo e con tantos alumnos en cada clase foi imposible aprender algo. Ademais o feito de facer un motor de piston non me pareceu util. Empezar con cousas básicas, ou ir cada un facendo o seu propio infografico houbera sido mais util. Ademais considero que se parou en detalles sen importancia como ensinarnos a programacion dun array e non a facer un boton por nos mesmos. De todos modos agradezo a súa paciencia.

De todos modos, resultou ser unha asignatura interesante.


Clara Sánchez

7 comentarios:

  1. Para Clara
    Paro. Non se modificou respeto as recomendacións que se fixeron no blog. É innecesario tanta alusión á porcentaje. Só con decir en pequeño (datos en porcentaxe) xa abonda. Título (algo longo) e entradiña, mellor o principio. Nos infográficos existe unha jerarquía, son información
    Crise. Só se mostran datos de determinados países europeos, non están todos. Así que, quizais mellor, España, á cola da recuperación económica. Non fai falta a lenda da parte inferior, repítese case o da entradiña. Modificación tras a primeira revisión.
    -----------------------
    Senderismo. Erros Action Script. Erratas gramaticais. Sinxelo. Con fonte, que debería aparecer, na pantalla inicial e con sistema de navegación, así como a posibilidade de ir á portada.
    Canon. Erros Action Script. Evolución ingresos é evolución polo canon? As cifras poderían estar máis actualizadas. ¿por qué a fonte aparece na pantalla de sabías que? Correcto.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Para Eugenia
    Paro. Arquivo Illustrator. No diagrama de barras non aparecen os datos. Se sinxelamente escríbese homes ó lado da liña azul e mulleres, ó lado da liña amarela, xa abonaría.
    Crise. Arquivo Illustrator, problemas. Os datos no mapa son case ilexibles. Está ben que o gráfico sexa similar (prácticamete igual) a doutra compañeira do grupo.
    --------------------------------------------------------
    Canon. Hai erros Action Script. Non se visualiza ben, por culpa das fontes utilizadas ou o corpo das mesmas, fontes que non teño no meu ordenador, así que non funciona ben. Hai erratas.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Ricos. Hai erros Action Script. Non funciona ben. Non teño as fontes que se usan no arquivo. É similar a outro traballo, só cambian os protagonistas, polo que se repiten os problemas.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  3. Para Reyes
    Paro. Aparece 2008, 2008 e 2009, só o mes de novembro ¿?. O primeiro emprego é un sector ¿?, os datos son de novembro de 2009 (tarta?)
    Xamón. É o mesmo que aparee no blog. Correcto.
    Canon. Falta o arquivo en .fla. O usuario non ten porque recordar a relación das cores dos botón co asunto a exponer, polo que o sisema de navegación é un tanto confuso. Tamén aludir en cada epígrafe ó eixo do relato, o canon, tampouco estaría mal. Falta a fonte (agás cando se remite ós beneficios da SGAE).
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Cine. Falta a fonte. O sistema de navegación é pouco claro e, ademais, plantexa un percorrido lineal. Os datos de cada película deberían ser os mesmos. As cifras corresponden a todo o mundo ou a España. Deberían descargar as pantallas máis rápidamente.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. Para Lois
    - Fútbol. Ós diagramas faltanlle os datos. A lenda da “deuda” non sei a que se corresponde. A lenda doutra gráfica non é lexible. Falta a fonte. A débeda non se sabe de que ano é.
    - Paro. Faltan cifras nos gráficos. Falta o ano. Falta a fonte
    --------------------------------------------------
    - Conservas. Ten 2 erros en action script. O texto non é lexible. Falta a fonte. Non entendo o significado do infográfico.
    - Canon. 2 erros Action script. En cada pantalla, o icono que vai á portada é diferente?. Falta a fonte. Poderíase falar do que se paga por aparello, quenes son as entidades de xestión.
    É un imposto que se cobra igual se fas unha copia dun disco ou película ou se só o usas para almacenar as túas propias fotos.
    Hai que pensar en xornalista, primeiro.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. -Na gráfica de febre do paro aparecen os datos do 2008 ata o mes de novembro do 2009, mes ó que tamén corresponden os datos da tarta, xa que o elaborei tendo en conta que se publicaría en decembro
    -O infográfico do xamón non é exactamente o mesmo que o que colguei no blog. está modificado segundo as correcións: engadín a fonte, correxín o emprego do pronome -nos, cambio de tipografía, e coidei que non quedaran espazos innecesarios entre o texto
    -A utilización de cores no do canon máis ben é para indicar a posición de cada un dos apartados ós que se pode acceder. é dicir, se pulsas no botón do centro na parte inferior vese que podes pulsar noutros 2 (esquerda ou dereita), non se pretende que o lector identifique cada apartado con cada cor
    -Cine: é certo que as pantallas saen un pouco lento. as cifras xa se indica na maioría das películas que son a nivel mundial

    Reyes

    ResponderEliminar
  6. Tiven problemas porque non se me abría co flash 8, pero xa llo comentara por eso llo deixara en arquivo de película. Non sei se refería a iso con que non se ve ben... pero foi por iso...

    EUGENIA

    ResponderEliminar
  7. Ánimo a tod@s! Aínda que a profesora non valore o suficiente o traballo feito para a asignatura que sepades que os compañeiros de clase que non escollemos Infografía vos apoiamos e que sabemos que traballachedes moito, que tivechedes que recorrer a tutoriais sobre os programas para facer os infográficos e que os traballos para expoñer vos levaron moito tempo. Algúns de vos incluso un tempo escaso xa que estamos en cuarto e moitos tendes prácticas en empresas. É unha lástima que non se vos recoñeza tanto traballo.

    ResponderEliminar