jueves, 31 de diciembre de 2009

Hai un galego en NY... Times

Por si cabía algún tipo de dúbida xa vos adiantamos que sí, efectivamente, unha vez máis o staff de monólogos e diálogos anda ás presas para realizar a que será (salvo sorpresas de ÚLTIMA HORA) a derradeira actualización de este ano. A verdade é que chega cun certo retraso pero xa se sabe como son estas cousas...
Rematar un ano é como preparar unha cámara de vídeo, hai que facer balance (JAJA!) e se botamos un ollo a este ano académico 2009/2010 que nos deixa, lembraremos (entre outras cousas) a clase maxistral que o infografista galego "Xocas" nos ofreceu dende o outro lado do charco, concretamente dende a gran mazá!
Certo é que foi todo un pouco caótico polo incompatibilidade dos factores (Skype + 17:00 p.m. + clase + silencio absoluto) que provocou que o comezo das charlas se demorase un chisco pero finalmente amosounos o seu traballo ademáis de unha recopilación de infográficos de outros medios (CLICK AQUÍ) que nos sorprendeu a todos.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

Infográfico nº 3 sobre o paro

FONTES: INE, El economista

EN NOVEMBRO… MÁIS PRETO DOS 4 MILLÓNS DE PARADOS

No mes de novembro a taxa de paro acumula 60.593 persoas máis que en outubro, co que actualmente rexístranse 3.868.946 parados. Trátase dun máximo histórico que fai que a escalofriante cifra de catro millóns de persoas en paro estea á volta da esquina.

A gráfica de febre amosa a evolución do paro desde xaneiro do 2008 ata novembro de 2009, A de barras demostra que os homes foron os máis afectados este ano chegando a 1.940.401, fronte a 1.928.545 mulleres desempregadas. Por outra banda, na gráfica da parte inferior podemos ver como o sector servizos, seguido polo industrial, foron os que deixaron a máis xente sen emprego.


Reyes Riveiro

martes, 29 de diciembre de 2009

A unha velocidade de chiste...


As empresas de telecomunicacións andan como tolas últimamente co telemárketing ofrecendo contratos de Internet con supostas velocidades "reais" a tódolos domicilios españois. A verdade é que acaban aburrindo sobre todo se observamos a relación calidade prezo que se nos ofrece en comparación (xa non digo co resto do mundo) senón co resto de Europa. Fixádevos nesta imaxe e clickade no enlace para comparar un pouco no infográfico interactivo. Empeza a ser costume estar á cola de todo.

Curiosa Infografía


Orixinal forma de mostrar as estadísticas sobre a evolución nos usos de navegadores. O Internet Explorer que sempre tivera máis da metade da tarta, segue perdendo presencia en todas as súas versións mentres que Firefox exténdese cada vez máis. Á sombra de eles, un novo inquilino comeza a crecer, o Chrome de Google:
A verdade é que resulta realmente orixinal e práctico.


jueves, 24 de diciembre de 2009

Gráfia nº2 sobre o paro. OS HOMES, OS PEOR PARADOS NESTA CRISE ECONÓMICA


Eugenia Castro Barros

Infografía e Especialización



Tanto no xornalismo coma na infografía, a especialización xa non é una opción, senón que pasou a converterse, sobretodo nos últimos tempos, nunha necesidade. Como transmisores de información, os infografistas deben ser rigorosos e utiliza-los elementos axeitados para que a mensaxe chegue de forma comprensible, aínda que non simplista, ó público. Pero, dentro da súa tarefa, estes profesionais deben asistir a dúas esixencias: a de plasmar a información e os datos gráficamente, e asegurarse de que estes sexan correctos e verídicos a través de métodos xornalísticos. Para isto, as función do infografista achéganse ás do xornalista: debe buscar os datos, comprobar a súa veracidade, facendo un esforzo neste senso por aproximarse á orixe da información e tratar de manter un contacto directo coas fontes –“persoais e documentais”, concreta Xaquín González- , feito que se reflexará na calidade e comprensión dos infográficos. Por isto precisa un coñecemento especializado da área concreta a que pertence o gráfico a realizar.

A súa vez, os infografistas deben representalos nos debuxos de forma que as audiencias non especializadas que non teñan control sobre saberes tan concretos. Asimesmo, sacamos coma conclusión que, como di ‘Xocas’, “a especialización debe vir pola multiplicidade da realidad, dos contidos, e non dos medios ou das audiencias”. Sen embargo, este mesmo afirma que a infografía especializada é unha utopía, posto que a presenza de xornalistas especializados nos diferentes medios de comunicación é aínda precaria. En ambos casos, o mundo da información debe avanzar e mellorar en ambos casos que, por outra parte, deberían estreitar a súa ligazón.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Cambio Climático



Interesante reportaxe multimedia da EITB onde a infografía é o pilar principal. O problema, as causas e as consecuencias do cambio climático nunha reportaxe multimedia financiada pola radio-televisión pública vasca.
A Society for News Desing (SND) recoñeceu este traballo como o mellor reportaxe online do mundo durante o ano 2009.
Comparte o galardón con outro traballo publicado por The Washington Post sobre vivenda en Estados Unidos. O traballo de eitb.com realizouse en coprodución co departamento de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e contou coa participación de 90 graos (infografía) e Axiora (Paseos virtuais) entre outros.
A radio televisión pública vasca conta cunha redacción multimedia dende o 22 de Setembro do ano 2007, onde traballan máis de 200 profesionais da comunicación na creación de contidos para internet, radio, televisión e teléfono móbil.

Consumer e a infografía



Navegando pola rede atopei unha infografía interactiva sobre o skateboarding. A miña sorpresa chegou non polo feito de que houbera un infográfico interactivo sobre este tema, cando son tan escasos, senón ao ver o enderezo web.
Consumer Eroski asina este e outros tantos infográficos multimedia. A sorpresa pois, non facía máis que aumentar ao decatarme que non era este o único infográfico da súa páxina web, senón que contan con moitos máis infográficos interactivos que moitos dos principais xornais do Estado. Non vou entrar a comentar a calidade e utilidade destes, abráiame saber a cantidade. Os temas que tratan resultan moi variados entre si e non me quedan moi claros que parámetros empregan á ora de decidir facer un infográfico desde tipo. Ofrecen incluso a posibilidade de descargalos.
Consumer Eroski é unha publicación que se autodefine coma "lider en información sobre consumo e vida cotidiana, tanto na súa edición impresa coma escrita". Ambas gratuítas. O de que sexa líder en información social quizáis sexa discutible, pero a nivel de infografía, dubido que moitas das principais cabeceiras nacionais publicaran un número tan elevado de infográficos multimedia.

A empresa encargada de realizar estes infográficos e 90º Grados, entre os seus clientes ademáis de Eroski atópase tamén Prisacom ou El Correo digital. Ao seu frente están dous infografistas cunha ampla experiencia.
Este é o enlace para ver o infográfico sobre o skateboarding, a partires del poderedes acceder a todos os demáis.

Infográfico nº1 sobre o canon dixital. Que é o canon?

Este infográfico combina información textual que se ve reforzada con información gráfica.
Tenta explicar que é o canon dixital, a quen favorece e o incremento dos ingresos das sociedades de xestión de dereitos de autor dende que este entró en vigor.

Autor: Clara Sánchez

Infográfico nº1 sobre os queixos. Catro denominacións de orixe galega.



Estas son dúas propostas de infográfico sobre os queixos con denomincación de orixe galegos. A primeira proposta é algo máis completa, xa que nos detalla o tipo de gando vacún que existe en Galiza, localiza no mapa a procedencia de cada queixo e nos explica as súas características máis importantes. O segundo infográfico, ainda que máis visual tan só aporta o nome e o lugar de orixe de cada queixo.
Ambolos dous infográficos levan o mesmo título.

Autor: Clara Sánchez

Infográfico nº4 sobre a crise


Con esta proposta de infográfico o que pretendo é amosar a recesión económica que segue afectando a España. Por iso, decidín incluir os datos dos países que experimentaron unha maior recuperación no terceiro trimestre de 2009 e os de España, para que se aprecie xa a primeira vista a situación económica na que se atopa o país.


Reyes Riveiro

Infografico nº3 sobre a crise. SITUACIÓN ACTUAL DA ECONOMÍA EUROPEA


Eugenia Castro Barros

martes, 22 de diciembre de 2009

Reflexión sobre o cartel do obradoiro de Flash


Hai pouco colgaban na facultade unha serie de carteis que anunciaban uns futuros obradoiros de Flash que se impartirán na Facultade.
A meirande parte dos carteis estaban impresos en branco e negro, o cal non axudaba a cumplir coa súa función principal: chamar a atención.
Quizáis o emprego doutros cores ou mesmo o uso dunha imaxe que chamara máis a atención, aínda que fora en branco e negro, favorecería a captación de atención da xente. Estamos nunha facultade onde abondan os carteis, anuncios e papeis pegados en paredes. Chamar a atención non é doado, pero moito menos o é se colgamos un folio que so contén texto e en branco e negro, na súa meirande parte.
O tamaño do cartel era tamén quizáis demasiado pequeno non so polo feito de que media carilla chama menos a atención que un mural de dous metros, senón porque o anuncio contiña numerosa información que se convertía a primeira vista nunha morea de letras ilexibles polo seu reducido tamaño.
En canto a información que contiña o cartel, era insuficiente. Botábase en falta que se detallaran os horarios dos cursos, información básica á óra de decidirte a realizar un obradoiro. Tampouco aparecían os contidos pormenorizados de cada curso, así como as partes que se van a repetir no segundo curso respecto do primeiro.
En definitiva, nin o uso da cor nin da topografía, nin o tamaño resultaron acertados. Ademáis, o seu contido non resolvía demasiadas dúbidas polo que non podemos dicir que este sexa un bo cartel xa que non resolve as necesidades informativas e publicitarias que teñen os anuncios.

Infográfico nº1 sobre o paro. Pontevedra, a provincia galega con máis parados

A partires dos datos do INE elaborouse un infográfico do paro centrado na situación galega, destacando as porcentaxes de paro por provincias e as porcentaxes de paro por sexos en cada provincia.
Os datos pertencen aos resultados do terceiro trimestre de 2009.

Autor: Clara Sánchez

Infográfico nº2 sobre a crise. España, á cola de Europa


O infográfico, feito cos datos proporcionados na folla da clase, destaca os peores e mellores datos do PIB dos países europeos. España que está entre as catro peores cifras europeas encabeza o titular.
A partir de dúas gráficas e a sinalización no mapa das peores e mellores economías preténdese facer unha primeira achega á situación da recuperación económica en Europa.

Autor: Clara Sánchez