miércoles, 23 de diciembre de 2009

Consumer e a infografía



Navegando pola rede atopei unha infografía interactiva sobre o skateboarding. A miña sorpresa chegou non polo feito de que houbera un infográfico interactivo sobre este tema, cando son tan escasos, senón ao ver o enderezo web.
Consumer Eroski asina este e outros tantos infográficos multimedia. A sorpresa pois, non facía máis que aumentar ao decatarme que non era este o único infográfico da súa páxina web, senón que contan con moitos máis infográficos interactivos que moitos dos principais xornais do Estado. Non vou entrar a comentar a calidade e utilidade destes, abráiame saber a cantidade. Os temas que tratan resultan moi variados entre si e non me quedan moi claros que parámetros empregan á ora de decidir facer un infográfico desde tipo. Ofrecen incluso a posibilidade de descargalos.
Consumer Eroski é unha publicación que se autodefine coma "lider en información sobre consumo e vida cotidiana, tanto na súa edición impresa coma escrita". Ambas gratuítas. O de que sexa líder en información social quizáis sexa discutible, pero a nivel de infografía, dubido que moitas das principais cabeceiras nacionais publicaran un número tan elevado de infográficos multimedia.

A empresa encargada de realizar estes infográficos e 90º Grados, entre os seus clientes ademáis de Eroski atópase tamén Prisacom ou El Correo digital. Ao seu frente están dous infografistas cunha ampla experiencia.
Este é o enlace para ver o infográfico sobre o skateboarding, a partires del poderedes acceder a todos os demáis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario