jueves, 24 de diciembre de 2009

Infografía e Especialización



Tanto no xornalismo coma na infografía, a especialización xa non é una opción, senón que pasou a converterse, sobretodo nos últimos tempos, nunha necesidade. Como transmisores de información, os infografistas deben ser rigorosos e utiliza-los elementos axeitados para que a mensaxe chegue de forma comprensible, aínda que non simplista, ó público. Pero, dentro da súa tarefa, estes profesionais deben asistir a dúas esixencias: a de plasmar a información e os datos gráficamente, e asegurarse de que estes sexan correctos e verídicos a través de métodos xornalísticos. Para isto, as función do infografista achéganse ás do xornalista: debe buscar os datos, comprobar a súa veracidade, facendo un esforzo neste senso por aproximarse á orixe da información e tratar de manter un contacto directo coas fontes –“persoais e documentais”, concreta Xaquín González- , feito que se reflexará na calidade e comprensión dos infográficos. Por isto precisa un coñecemento especializado da área concreta a que pertence o gráfico a realizar.

A súa vez, os infografistas deben representalos nos debuxos de forma que as audiencias non especializadas que non teñan control sobre saberes tan concretos. Asimesmo, sacamos coma conclusión que, como di ‘Xocas’, “a especialización debe vir pola multiplicidade da realidad, dos contidos, e non dos medios ou das audiencias”. Sen embargo, este mesmo afirma que a infografía especializada é unha utopía, posto que a presenza de xornalistas especializados nos diferentes medios de comunicación é aínda precaria. En ambos casos, o mundo da información debe avanzar e mellorar en ambos casos que, por outra parte, deberían estreitar a súa ligazón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario